Contido coa etiqueta .
Vladimir Putin

Putin di que Zelenski non está lexitimado para asinar a paz con Rusia
28/01/2025 21:02
Consisdera que o seu mandato expirou o pasado mes de maio e que que a Constitución ucraína non permite ao presidente ampliar o seu mandato nin durante a vixencia dunha lei marcial

"Estaría ben que nos reunísemos": Putin e Trump, dispostos a falar da paz en Ucraína
24/01/2025 16:06
Putin cre preciso falar "con calma" de todos os temas que interesan a Rusia e os Estados Unidos
Trump dixo estar disposto a negociar un acordo de paz

Trump di que está disposto a reunirse con Putin "inmediatamente" para negociar a paz en Ucraína
24/01/2025 08:40
Na súa intervención en Davos, Trump tamén instou a Arabia Saudita e á Organización de Países Exportadores de Petróleo a baixaren os prezos do cru para axudar a terminar co conflito

Os presidentes de Rusia e Irán asinan o Acordo de Asociación Estratéxica Integral
17/01/2025 17:02
O acordo inclúe a cooperación en materia de seguridade e defensa
Moscova e Teherán negan que se trate dunha alianza militar e que o acordo vaia dirixido contra terceiros países

Putin desafía os Estados Unidos a un duelo de mísiles en Ucraína
19/12/2024 20:50
Na súa conferencia de prensa de fin de ano propúxolles aos norteamericanos que concentren na capital ucraína todas as súas defensas antiaéreas e intenten parar o seu novo mísil hipersónico

Rusia lanza contra Ucraína 93 mísiles, nun novo ataque contra o sector enerxético
13/12/2024 10:28
Zelenski denunciou que Rusia segue tendo acceso a compoñentes electrónicos importados para fabricar mísiles a pesar das sancións internacionais que deberían impedirllo

Rusia anuncia manobras navais con armamento hipersónico preto das costas de Siria
03/12/2024 16:26
A Armada rusa incrementou a súa presenza no Mediterráneo Oriental, onde participan nos exercizos uns mil soldados e unha decena de buques de guerra equipados con mísiles Tsirkón, que teñen 1.000 quilómetros de alcance

Putin prohibe a adopción en Rusia cando o país de orixe permite o cambio de sexo
23/11/2024 18:12
A cidadanía española é unha das afectadas pola lei aprobada este sábado

O presidente ruso ameaza Europa cunha nova escalada armamentística
23/11/2024 12:14
Anuncia a produción en serie dunha nova xeración de mísiles hipersónicos capaces de alcanzar en minutos as capitais europeas

Putin aproba doutrina que permite unha resposta nuclear a un ataque convencional
19/11/2024 10:17
A doutrina autoriza a resposta con armamento atómico en caso de que o ataque convencional inimigo supoña "unha ameaza crítica para a soberanía e (ou) integridade territorial" de Rusia ou o seu aliado Belarús
Rusia confirma o primeiro ataque ucraíno con mísiles de longo alcance estadounidenses

Biden autoriza a Ucraína ataques en territorio ruso con mísiles dos EUA
17/11/2024 21:25
O diario Washington Post publica esta información citando dous altos funcionarios do Goberno estadounidense

Rusia ensaia o lanzamento de mísiles nun exercicio de disuasión nuclear
29/10/2024 19:29
Vladímir Putin subliñou a importancia de "contar con forzas estratéxicas modernas que estean permanentemente listas para o seu uso en combate"
Afirmou que a tríade militar é un "garante fiable da soberanía e seguridade" do país

Putin pecha as portas a negociacións con Ucraína
12/08/2024 17:45
A incursión ucraína que arrincou hai unha semana na rexión fronteiriza rusa de Kursk ocupou xa 28 localidades nuns mil quilómetros cadrados

Putin reitera as condicións rusas para a paz en Ucraína e Orbán recoñece diferenzas
05/07/2024 18:16
Putin pide a retirada das forzas ucraínas dos territorios que Rusia anexionou en 2022 e outros requisitos que deberán discutirse no marco dun posible "traballo conxunto"
Orbán insistiu en que as posicións de Rusia e Occidente "son moi distantes" e afirmou que o paso máis importante é o "establecemento de contactos"

Kim e Putin oficializan a súa alianza anti EUA asinando un acordo de asistencia mutua
19/06/2024 16:11
Trátase dun acordo estratéxico que inclúe a asistencia militar mutua en caso de ataque
É a primera visita de Putin a Corea do Norte en 24 anos
Putin afirmou que ambos os países traballarán para a creación dun "sistema comercial e de pagos recíprocos"
Kim Jong Un argumentou que a "operación militar especial en Ucraína" protexe a soberanía e seguridade rusas.

Suíza abre a porta a que Putin poida negociar en chan helvético sen ser detido
16/06/2024 18:46
A presidenta asegurou que a orde de detención que pesa sobre o mandatario ruso prevé excepcións en caso de negociación

Sánchez afirma que non é negociable validar a agresión de Rusia a Ucraína
15/06/2024 20:54
O presidente español participa no cumio sobre Ucraína que se celebra en Suíza
Os Estados Unidos din que a última proposta de Putin é negociar a rendición, non a paz

Putin ordenará o cesamento do fogo se Kíiv retira tropas do leste e o sur e renuncia á OTAN
14/06/2024 12:51
O presidente ruso condicional a fin dos combates a que Ucraína se retire das repúblicas de Donetsk e Lugansk e das rexións de Kherson e Zaporiyia, anexionadas por Moscova
Ucraína cre que se trata dunha "farsa" que so impón esixencias

Putin ameaza a Europa se Ucraína emprega armamento da OTAN contra territorio ruso
29/05/2024 10:58
"Seica desexan un conflito global?", preguntouse o presidente ruso durante unha visita a Uzbekistán

Putin pide a continuación das negociacións de paz con Ucraína
24/05/2024 18:07
Falou de volver as conversas partindo da situación actual sobre o terreo, é dicir, contando como territorio ruso as catro rexións que se anexionaron de Ucraína en 2022
O mandatario ruso cuestionou a lexitimidade de Volodímir Zelenski
Rusia está realizando manobras militares con Bielorrusia

Xi e Putin pechan filas sobre as saídas aos conflitos en Ucraína e Palestina
16/05/2024 09:56
Os presidentes da China e de Rusia defenden a "solución de dous estados" para o conflito palestino e a "saída política" para a guerra en Ucraína

Putin é investido como presidente no Kremlin para un quinto mandato de seis anos
07/05/2024 11:29
Putin poderá permanecer fronte ao Kremlin ata 2030, co que sumaría 30 anos no poder
Os Estados Unidos e a gran maioría de países da UE rexeitaron o convite

Putin ordena manobras con armas nucleares tácticas debido ás "ameazas" de Occidente
06/05/2024 11:24
Segundo o Kremlin, a decisión responde ás afirmacións do presidente francés, Emmanuel Macron, e doutros altos funcionarios británicos, sobre a posibilidade de que tropas da OTAN se instalen en Ucraína

Putin tacha de "total disparate" as declaracións acerca de que Rusia quere atacar Europa
28/03/2024 08:29
Segundo o presidente ruso, tratan de "intimidar" a poboación
Asegura que é unha "bobada" pensar que van combater coa OTAN, dado que o gasto militar de Occidente é moi superior ao ruso
Advirte de que os cazas F-16 que se enviarán a Ucraína serán considerados obxectivos independentemente do lugar desde onde operen

Putin pide á Fiscalía que os terroristas xihadistas reciban un "xusto castigo"
26/03/2024 12:21
Segundo o presidente ruso, a investigación está a ser "escrupulosa"
O Tribunal Basmanni de Moscova ditou prisión preventiva para un oitavo presunto implicado no ataque

Putin ve unha man negra ucraína detrás dos atentados de Moscova reivindicados polo Estado Islámico
25/03/2024 20:43
"Sabemos por medio de quen se cometeu ese crime contra Rusia e o seu pobo. Interésanos quen o encargou", dixo o presidente ruso
Arrestan outros tres implicados no atentado nunha sala de concertos en Moscova

Putin seguirá ata o 2030 no Kremlin tras lograr a súa maior vitoria electoral
17/03/2024 19:49
A oposición non puido concorrer nos comicios, xa que a CEC non rexistrou os seus candidatos
O presidente poderá volver presentarse á reelección tras a reforma que fixo nas cláusulas da Constitución

Terceira e derradeira xornada das eleccións presidenciais en Rusia
17/03/2024 08:07
Dende o venres, xa votou máis da metade dos 112 millóns de persoas chamadas ás urnas

Rusia celebra a segunda xornada das eleccións presidenciais
16/03/2024 08:14
Putin acusou a Ucraína de tentar torpedear a súa reelección con ataques e incursións fronteirizas
Seguidores do líder opositor Navalni chamaron a Occidente a non recoñecer os resultados

Rusia vota para reelixir a Putin nuns comicios sen oposición nin observadores internacionais
15/03/2024 20:26
Sen candidatos rivais reais, ten garantido seguir na presidencia ata 2030
Alta participación e pequenas sabotaxes no primeiro dos tres días de votación

Putin busca a reelección para outros seis anos nuns comicios sen oposición real
15/03/2024 09:01
Segundo as sondaxes oficiais, Putin, que compite con outros tres candidatos, conta cunha intención de voto de máis do 80 %
En total, a comisión habilitou 93.644 colexios electorais, ao que hai que sumar outros 295 nos 144 países onde viven cidadáns rusos

Putin despregará tropas e armamento pesado na fronteira con Finlandia
13/03/2024 20:43
Nunha entrevista cualifica de paso sen sentido o ingreso do país e de Suecia na OTAN

Detidas máis de cincuenta persoas en Rusia durante os funerais de Navalni
02/03/2024 08:50
O maior número de arrestos produciuse nas cidades siberianas de Novosibirsk e Omsk

Putin advirte a OTAN de "consecuencias tráxicas" se envía tropas a Ucraína
29/02/2024 15:41
Rusia dilles ás potencias occidentais que "tamén ten armas que poden alcanzar obxectivos nos seus territorios"

Rusia acusa a Biden de comportarse "como un vaqueiro" ao chamarlle a Putin "fillo de puta"
22/02/2024 10:58
O portavoz presidencial ruso manifestou que eses insultos representan "unha gran vergoña para os Estados Unidos"
Biden tachou de "crazy S.O.B." (tolo fillo de puta) a Putin durante un acto de captación de doazóns en San Francisco, e acusouno de acabar coa vida do líder opositor ruso

España convoca o embaixador ruso pola morte en prisión do opositor Navalni
19/02/2024 18:32
O ministro de Exteriores responsabiliza a Vladimir Putin do ocorrido
A viuva de Navalni promete que "seguirá coa súa loita"
Os 27 ultiman novas sancións contra Rusia pola morte do opositor

Detidas cen persoas nos actos de repulsa pola morte de Navalni en Rusia
17/02/2024 10:02
A policía tamén recolleu os datos de toda a xente que participou nas protestas, incluída a prensa

As potencias occidentais responsabilizan a Rusia da morte de Navalni
16/02/2024 14:33
Os Estados Unidos avalían "diferentes opocións" para responder a este suceso
A Unión Europea e a OTAN sinalan directamente a Vladimir Putin, a quen lle piden explicacións do ocorrido

Morre en prisión o opositor ruso Alexéi Navalni
16/02/2024 12:33
Os servizos penais de Rusia informaron do seu pasamento e aseguran que "están a establecerse as causas da morte"
As potencias occidentais responsabilizan a Rusia da morte de Navalni